+34 981 546 813

facebook linkedin Twitter

BIC 3T

Technology Transfer Training

É un programa gratuito de formación, composto por catro módulos ou cursos, que busca introducir aos participantes nas estratexias de marketing e comercialización dos resultados de investigación e na xestión destes procesos.

BIC 3T é unha iniciativa da Consellería de Economía e Industria, posta en marcha por BIC Galicia co obxectivo de implantar no tecido emprendedor galego as mellores prácticas en materia de transferencia de tecnoloxía.

Este Programa pioneiro será impartido por profesionais de ámbito nacional e internacional, con ampla experiencia en transferencia de tecnoloxía e reconocido prestixio. Tal é o caso de Laura Schoppe, Presidenta de Fuentek e Vicepresidenta para Alianzas Estratéxicas da Association of University Technology Managers (AUTM) dos Estados Unidos, e Carlos Álvarez, Socio Director de Knowledge Investors, consultora especializada en transferencia de tecnoloxía.

Cursos e datas

30 / maio / 2012

Pasemos á acción: definindo unha estratexia proactiva de marketing para a nosa tecnoloxía.

03 / maio / 2012

O “screening” do potencial comercial das tecnoloxías, paso a paso.

11 / xullo / 2012

Como converter as redes sociais nunha ferramenta de marketing.

27 / xuño / 2012

Poñendo en práctica a nosa estratexia de marketing tecnolóxico: sentando aos prospects á mesa de negociación.

  • Público
    • BIC 3T é un programa pensado para:

      1. Emprendedores de base científico-tecnolóxica
      2. Responsables de desenvolvemento de negocio
      3. Responsables e técnicos de transferencia de tecnoloxía
      4. Investigadores
  • Catálogo de cursos
    • Para coñecer o listado de cursos dispoñibles e acceder a toda a información relativa aos mesmos (contidos, instructores...), consulta o noso catálogo de cursos.

      Catálogo de cursos
  • Modalidade dos cursos
    • Tódolos cursos son gratuitos e se imparten mediante seminarios online interactivos (webinars) de 1,5 horas de duración.

      Ademais, nos nosos foros online en LinkedIn e Facebook poderás formular dúbidas e consultas aos instructores, chatear con outros asistentes e coñecer cualquera nova relacionada cos cursos.

  • Idioma
    • Tódolos cursos do Programa BIC 3T son impartidos en inglés.

  • Diploma de aproveitamento
    • Se asistes a tódolos cursos do Programa BIC 3T, recibirás un diploma de aproveitamento acreditado por BIC Galicia.
  • Como inscribirse nun curso
    • Consulta o listado de cursos na columna da dereita, elixe o que desexes e fai clic en "Inscríbete".

      A continuación, só terás que cubrir un formulario de rexistro. Unha vez feito isto, recibirás un mail coa confirmación do teu rexistro.

      As datas límites para a inscrición nos nosos cursos son as seguintes:

      1. Curso "O screening do potencial comercial das tecnoloxías, paso a paso". Data límite de inscrición: 30 de abril de 2012.
      2. Curso "Pasemos á acción: definindo unha estratexia proactiva para a nosa tecnoloxía". Data límite de inscrición: 25 de maio de 2012.
      3. Curso "Poñendo en práctica a nosa estratexia de marketing: sentando aos prospects á mesa de negociación". Data límite de inscrición: 25 de xuño de 2012.
      4. Curso "Como converter as redes sociais nunha ferramenta de marketing". Data límite de inscrición: 9 de xullo de 2012.

      NOTA: Tódolos cursos teñen un aforo limitado de 100 prazas por seminario. No caso de superárse esta cifra, o acceso estára limitado as persoas que se conecten ao curso en primeiro lugar.

  • Como asistir a un curso
    • É moi sinxelo. Non necesitas equipamento específico, tan só ter un ordenador con audio e micrófono e seguir un par de pasos:

      Paso 1: minutos antes de que comece o curso, fai clic no botón "Join Webinar" que atoparás no mail que recibiches tras te rexistrares, ou nos que che enviaremos a modo de recordatorio.

      Paso 2: descarga o plugin para te conectares á nosa plataforma de eventos online, seguindo as instruccións que aparecerán en pantalla.

      NOTA: Para unha calidade de sonido óptima, é aconsellable usar cascos. Tamén podes conectarte por teléfono, chamando ao número que atoparás no mail de confirmación de rexistro.

Instructores

Laura Shoope

Laura Schoppe

Presidenta de Fuentek. Vicepresidenta para Alianzas Estratéxicas da Association of University Technology, Managers (AUTM) dos Estados Unidos

Máis info
Carlos

Carlos Álvarez

Socio Director de Knowledge Investors, consultora especializada en transferencia de tecnoloxía

Máis info
Danielle

Danielle McCulloch

Consultora senior en transferencia de tecnoloxía en Fuentek

Máis info
Dave

Doug Foster

Consultor en transferencia de tecnoloxía en Fuentek

Máis info
Doug

Dave Wasby

Consultor en transferencia de tecnoloxía en Fuentek

Máis info

Novas

BIC Galicia l San Lázaro, 63 A - Edificio IGAPE 15703 Santiago de Compostela +34 981 546 823 / www.bicgalicia.es